Colabora con nós

Levamos máis de 150 Palcos da Música recompilados, e cada vez échenos máis difícil chegar aos que quedan.

Botas en falta o palco da túa parroquia? Axúdanos! Ponte en contacto con nós:

palcosdamusica@gmail.com

Tamén podes atoparnos en facebook:  

Publicado en ___ | Etiquetado | Comentarios desactivados en Colabora con nós

O Allo

O Allo, Zas, A Coruña

Pequeno palco de pedra irregular sen barandas, nin teito, localizado a carón do pazo das Torres do Allo. Ten unha escaleira dun par de chanzos, tamén de pedra, nun dos laterais.

Construído no século XVII xunto coa torre sur, as cassas do curro, algúns canastros e foi cando se cercaron as agras. Nesa época xurdíu a romaría de San Ramón. O palco está considerado como palco de gaiteiros e aínda se usaba non hai moito.

Foi restaurado no ano 1999.

Non ten pracas nin inscricións.

Publicado en A Coruña, O Allo, Zas | Etiquetado , | Deixa un comentario

A Arnoia

A Arnoia, A Arnoia, Ourense

Palco de pedra irregular situado no lugar de San Amaro.

Está pegado a un muro. Un dos laterais de pedra está tirado nun lado a modo de asiento.

Ten unha inscrición que di: “Ano de 1953”.

No mesmo lugar hai un cruceiro.

Publicado en A Arnoia, A Arnoia, Ourense | Deixa un comentario

Ribadavia

Riadavia, Ribadavia, Ourense

Palco de pedra semicircular de grandes dimensións situado na alameda de Ribadavia.

Ten unha escaleira de pedra por cada lado coa mesma varanda que o palco. Non hai varanda no frontal.

O tellado de chapa está pousado sobre unha estrutura metálica apoiada nos pes dereitos do mesmo material.

Ten teito de madeira e ten instalación eléctrica.

Na parte traseira do escenario hai dous vestiarios.

Non ten placas nin inscricións.

Publicado en Ourense, Ribadavia, Ribadavia | Deixa un comentario

A Mezquita

A Mezquita, A Merca, Ourense

Palco octogonal de pedra situado no adro da igrexa de San Pedro da Mezquita.

Ten a altura do muro onde está integrado, quedando ao nivel do chan no camiño que leva á igrexa.

A varanda é metálica entre os piares de pedra. Debía ter outra varanda porque os piares teñen todos un buraco a media altura. Os piares son tamén octogonais.

Non ten teito. Non ten placas nin inscricións. Non se usa.

Publicado en A Merca, A Mezquita, Ourense | Deixa un comentario

Portomarín antigo

Antigo Portomarín, Portomarín, Lugo

Emprazamento da antiga igrexa de Portomaín onde aínda se atopa a base de planta octogonal do palco da música do mesmo feita de ladrillos e formigón á que lle falta a varanda que o bordeaba antigamente tamén do mesmo material.

Pódese acceder cando o encoro de Belesar leva pouca auga.

Publicado en Lugo, Portomarín, Portomarín (antigo) | Etiquetado | Comentarios desactivados en Portomarín antigo

Rodeiro

Rodeiro, Rodeiro, Pontevedra

Palco de planta octogonal situado na Avd. Gumersindo Areán a carón das piscinas municipais de Rodeiro.

Parece de recencente construcción realizado en pedra con varandas de forxa, teito de chapa e revestido polo interior con madeira e alumeado.

Descoñecese se se utiliza actualmente.

Publicado en Pontevedra, Rodeiro, Rodeiro | Etiquetado | Comentarios desactivados en Rodeiro

Cartelos

Cartelos, Carballedo, Lugo

Palco realizado a dobre altura en bloque con planta octogonal con columnas de formigón e tellado de chapa.

Varanda de metal e cunha pranta baixa con uso descoñecido.

Non posúe alumeado e descoñecese o uso actual que ten.

Está situado a carón da igrexa de Santo Estebo de Cartelos.

Publicado en Carballedo, Cartelos, Lugo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Cartelos

Palco de Santa María de Tebra

Santa María de Tebra, Tomiño, Pontevedra

Palco de pedra de planta irregular situado a carón da capela da Nosa Señora de Grixó.

O chan é de terra ao que se accede a través dunhas escaleiras de pedra. A varanda é de madeira.

Ten unha estrutura feita con paus de eucalipto a modo de teito.

Non ten pracas nin inscricións.

A festa celébrase en anos alternos entre a parroquia de Santa María de Tebra e a de Barrantes por existir un litixio de a que parroquia pertence, por estar no linde entre as dúas.

Publicado en Pontevedra, Santa María de Tebra, Tomiño | Comentarios desactivados en Palco de Santa María de Tebra

Palco de San Bieito

Tomiño, Tomiño, Pontevedra

Palco enfuscado octogonal situado no recinto de festas do Alivio, ao carón da igrexa de San Bieito.

O teito é de formigón pousado sobre columnas de pedra. O palco foi modificado para “ensanchalo porque non cabía a banda de música”. O palco era do tamaño de onde están agora as columnas.

Ten varanda metálica aberta só por onde se atopan as escaleiras.

Nun dos laterais pode lerse nunha praca: “Ano 1924”

Tanto o palco como o espazo atópanse en moi bo estado de conservación.

Úsase o día da festa para a liturxia relixiosa e para os concertos da banda de música, gaiteiro ou treboada.

Publicado en Pontevedra, Tomiño, Tomiño | Comentarios desactivados en Palco de San Bieito

Palco de Randufe

Randufe, Tui, Pontevedra

Palco enfuscado de planta irregular situado no adro da igrexa de Santa María da Guía de Randufe.

O teito é de chapa e conta cunha escaleira nun dos laterais. Pode accederse á parte inferior do palco, e conta cun respiradoiro en cada un dos lados dianteiros. Os lados traseiros coinciden co muro que rodea o adro.

No mesmo espazo hai tamén un cruceiro.

Non ten pracas nin inscricións.

Publicado en Pontevedra, Randufe, Tui | Comentarios desactivados en Palco de Randufe

Palco de Sorribas

Sorribas, Rois, A Coruña

Palco octogonal de pedra situado a carón da rectoral de Sorribas.

Atópase en moi mal estado. Ten unha escaleiras tamén de pedra nun dos seus lados, pegadas ao muro que ten detrás. Dende o palco arranca o via crucis de Sorribas.

Non ten ningunha inscrición nin placa.

Publicado en A Coruña, Rois, Sorribas | Etiquetado | Comentarios desactivados en Palco de Sorribas

Palco da Lanzada



Noalla, Sanxenxo, Pontevedra

Palco rectangular de pedra situado ao carón da ermida da Nosa Señora da Lanzada, no extremo do cabo.

Ten o teito de madeira e o tellado de tella. Nun dos seus extremos ten unha cheminea. Para parte traseira ten unhas ventás que dan ao mar.

No mesmo lugar atópanse os restos da Torre da Lanzada. Tamén moi preto poden verse os restos dun castro.

O palco foi remodelado hai pouco, onde se lle engadiu o teito de madeira.

Non ten pracas nin inscricións.

Úsase para a celebración dos actos festivos e litúrxicos da parroquia vinculados co santuario.

Publicado en Noalla, Pontevedra, Sanxenxo | Comentarios desactivados en Palco da Lanzada

Rede do Patrimonio Cultural

O 23 de xuño púxoxe en marcha a Rede do Patrimonio Cultural, onde Palcos da Música participa como entidade fundadora.

Calquera entidade que teña como obxectivo a divulgación e protección do patrimonio e sen ánimo de lucro pode unirse á rede.

Publicado en ___ | Etiquetado | Comentarios desactivados en Rede do Patrimonio Cultural

Palco de Bolaño


Bolaño, Castroverde, Lugo.

Palco octogonal situado na parroquia de Bolaño no concello lugués de Castroverde, na contorna da ponte pola que se chega ao núcleo.

Sitúase nunha encrucillada acaroado a un muro, dende o que se accede.

Ten base maciza de cachotería de pedra, con pés dereitos de forxa para o apoio da cuberta que é de pizarra con teito de madeira pintado en branco, ten unha decoración perimetral  a xeito de bandeirolas feita tamén con madeira
O pirindolo é de pedra. As defensas son de forxa.

Úsase nas festas por grupos de gaiteiros, segundo nos informa o colaborador.

Publicado en Bolaño, Castroverde, Lugo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Palco de Bolaño

Palco de San Ramón de Bealo

Bealo, Boiro, A Coruña.

Palco hexagonal situado na parroquia de Bealo en Boiro, na contorna da capela de San Ramón.

Sitúase na explanada frontal da capela no largo onde se celebra a romaría.

Ten base maciza de pedra de sillar tosco, con pés dereitos de pedra en cada vértice, en catro dos mesmos aparecen ferraxes.
Ten escaleira de pedra dun tramo recto perpendicular.

Descoñécese se se usa.

Publicado en A Coruña, Bealo, Boiro | Comentarios desactivados en Palco de San Ramón de Bealo

Bora

Bora, Pontevedra, Pontevedra.

Palco de catro lados irregular de pedra situado en Tombo, xusto ao outro lado da estrada onde se atopa a igrexa de Santa Mariña de Bora.

Ten unha escaleira formada por tres pedras a modo de chanzos. A varanda tamén é de pedra. Non ten teito.

Non ten pracas nin inscricións.

Publicado en Bora, Pontevedra, Pontevedra | Comentarios desactivados en Bora

Lanzós

Lanzós, Vilalba, Lugo

Palco hexagonal situado no barrio do Adro en Lanzós, no mesmo lugar que a Casa-Escola de Lanzós de construción habanera rematado en 1921.

Tanto a base como as escaleiras son enfuscadas. Os pés dereitos son de pedra e a cuberta remata en peto.

O palco péchase por tres dos lados traseiros e ten tres alturas.

Non ten pracas nin inscricións.

Ao lado ten un cruceiro. Atópase preto da igrexa de San Martiño de Lanzós e do cemiterio.

Publicado en Lanzós, Lugo, Vilalba | Comentarios desactivados en Lanzós

Arante

palco-da-ponte-2016-11-17-xeral

palco-da-ponte-2016-11-17-contorna

palco-da-ponte-2016-11-17detalle

Arante, Ribadeo, Lugo

Palco de planta hexagonal sen cuberta, adosado ao testeiro da ábside da igrexa de Nosa Señora das Virtudes da Ponte. Podio de pedra macizo e varanda con perfil de aceiro. Acceso lateral mediante rampa.

Está situado no lugar da Ponte, adosado á parte posterior da capela, xunto á ponte que lle dá o nome á aldea e que cruza o rego Lexoso.

Publicado en Arante, Lugo, Ribadeo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Arante

Salcidos.

salcidos_2016_09_22_detalle-1 salcidos_2016_09_22_xeral-2 salcidos_2016_09_22_contorna-3

Salcidos (San Lourenzo), A Guarda, Pontevedra.

Palco rectangular con dúas esquinas achafranadas, acaroado ao santuario de San Roque, ocupando o espazo entre a nave principal e o corpo dereito.
Na contorna tamén existe un cruceiro, todo o conxunto ao carón da estrada de entrada á Guarda dende Tui.

O palco ten basamento macizo de cachotería de pedra rematada en cornixa moldurada, sobre a que nacen as varandas tamén de pedra, o seu nivel é continuo, del sobresae a plataforma en dous niveis. Ten acceso mediante escaleiras tamén de pedra.

Descoñécese se se usa.

Publicado en A Guarda, Pontevedra, Salcidos | Comentarios desactivados en Salcidos.

Santa Cristina de Fecha

santa-cristina-de-fecha_2016_09_09_xeral5

santa-cristina-de-fecha_2016_09_09_contorna4

santa-cristina-de-fecha_2016_09_09_detalle

Santa Cristina de Fecha, Santiago de Compostela, A Coruña

Palco octogonal de pedra situado no adro da capela da nosa señora de Belén, na parroquia de Santa Cristina de Fecha.

Ten escaleira de pedra pegada ao muro e varanda tamén de pedra.

Non ten placas nin inscricións.

Publicado en A Coruña, Santa Cristina de Fecha, Santiago de Compostela | Comentarios desactivados en Santa Cristina de Fecha

Luaña

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-xeral

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-contorna

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-detalle

Luaña, Brión, A Coruña

Podio de pedra semicircular adosado ao peche do campo da festa, con pavimento de pedra e cun plátano plantado no centro -podada a súa copa en forma redondeada-. Accesos laterais mediante dous tramos circulares de escaleiras. Varandas metálicas de malla e tubos de aceiro.

Sen uso (Segundo os veciños as bandas traen hoxe os seus propios palcos, e non se usa)

Está situado no eixo central do campo da festa parroquial, de costas á escola infantil e mirando de frente á fachada da igrexa de san Xulián de Luaña.

Publicado en A Coruña, Brión, Luaña | Etiquetado | Comentarios desactivados en Luaña

Recesende

Recesende_2016_08_11 contorna 1 Recesende_2016_08_11 xeral 1 Recesende_2016_08_11detalle 1

Recesende (San Xoan), Teo, A Coruña.

Palco octogonal situado na parroquia de San Xoan de Recesende en Teo.

Situado en paralelo a unha estrada, rodeado por peches de parcelas, compartindo espazo cun cruceiro.
Ten base de ladrillo enfuscada e pintada. Ten un pequeno balcón para o seu acceso, ainda que carece de escaleira, e de espazo para poñela, debido á proximidade dos muros de peche das parcelas.

O seu estado de conservación é malo.

Publicado en A Coruña, Recesende, Teo | Comentarios desactivados en Recesende

Ardán

Ardán_2016_08_14_xeral

Ardán_2016_08_14_detalle2

Ardán_2016_08_14_entorno5

Ardán, Marín, Pontevedra

Palco rectangular de pedra situado no adro da igrexa de Santa María de Ardán.

Atópase pegado ao muro que rodea á igrexa. Nun lado hai unha escaleira de pedra de tres chanzos.

No frontal ten un gravado: “La juventud Año 1956”

Publicado en Ardán, Marín, Pontevedra | Comentarios desactivados en Ardán

Redondo

Redondo_2016_08_13_xeral3

Redondo_2016_08_13_detalle5

Redondo_2016_08_13_entorno10

Barcia de Mera, Covelo, Pontevedra

Palco rectangular de pedra situado en Redondo, pegado ao muro que limita o espazo da escola de San José.

Ten varanda metálica con liras en cada lado e pintada coas cores da bandeira galega. Ten unha escaleira moi recente.

No lado onde se atopa a escaleira hai unha placa onde se di: “Reparado por JF año 009”

Atópase entre a capela de San José (1928) e a escola de San José (1923), doadas por Agapito Serra Fernandes. Tamén hai un monumento “Al filántropo Agapito Serra Fernandes. Homenaje de sus amigos y admiradores. 18 agosto 1931”

Non se usa.

(“Foi reparado hai uns anos por José das Eiras. A capela mandouna construir Agapito Serra Fernandes porque a súa nai quedáballe a igrexa moi lonxe. A escola tamén a mandou construir el. A estrela de cinco puntas (Estrela d’ouro) é o emblema que usou sempre Agapito en Lisboa. O palco usábase nas festas. Agora non hai festa.”)

Publicado en Barcia de Mera, Covelo, Pontevedra | Comentarios desactivados en Redondo

Oza

Gaiteira_2016_08_10_xeral2

Gaiteira_2016_08_10_detalle3

Gaiteira_2016_08_10_entorno2

Oza, A Coruña, A Coruña

Palco circular de formigón situado na praza da Gaiteira na parroquia de Oza, A Coruña.

A base está formada por unha escaleira circular de formigón. O teito é de formigón con forma cónica e soportado por oito pés dereitos de aceiro.

Non ten pracas nin inscricións.

Publicado en A Coruña, A Coruña, Oza | Comentarios desactivados en Oza