Arnois

Arnois_2015_08_11_contorna Arnois_2015_08_11_detalle 1 Arnois_2015_08_11_xeral 1

Arnois, A Estrada, Pontevedra.

Conxunto de dous palcos octogonais situados na parroquia de Arnois na Estrada.

Sitúanse no medio do lateral largo do campo da festa, na contorna da igrexa parroquial.

Os palcos presentan unha imaxe íntegra de acabado enfuscado en morteiro, nos desconchados pode verse que a base é, cando menos parcialmente, de pedra, a cuberta é plana e de formigón armado.
As varandas, tamén enfuscadas teñen como motivo dous gaiteiros que enmarcan unha lira.
Ambos palcos están asentados sobre penedo, labrados neste, distínguense chanzos que parece ser que levaban cara a un descanso dende o que se accedía a cada palco con entradas enfrontadas.
Existe un almacén intermendio que desvirtúa o conxunto. Recentemente tense botado unha capa de formigón sobre este elemento e na zona posterior dos palcos.

O seu estado de conservación é regular.

Esta entrada foi publicada en Arnois, Estrada (A), Pontevedra e etiquetada . Garda a ligazón permanente.