Laraño

Laraño_2016_07_11_detalle 3 Laraño_2016_07_11_xeral 1 Laraño_2016_07_11_contorna 3

Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña.

Palco cadrado oitavado situado no campo de festas da parroquia santiaguesa de Laraño.

A contorna está formada pola igrexa, varias vivendas de arquitectura tradicional e un cruceiro, todo nun espazo ben ordeado que segundo unha incrición foi remodelado no ano 1.995.

Trátase dun palco de basamento enfuscado, sen pintar. Con escaleiras de pedra dun só tramo que aproveitan o desnivel para o acceso. A varanda é de forxa.

Segundo os veciños úsase en moi poucas ocasións.

Esta entrada foi publicada en A Coruña, Laraño, Santiago de Compostela. Garda a ligazón permanente.