Vedra

Vedra_20160725_contorna 2 Vedra_20160725_detalle 11 Vedra_20160725_xeral 2

Vedra, Vedra, A Coruña.

Palco octogonal de grandes dimensións, situado na parroquia de Santa Eulalia de Vedra no propio concello do mesmo nome.

Situado nun amplo campo de festas remozado no ano 1999 ao carón da igrexa parroquial, un cruceiro, cemiterio e camiño de acceso con cruces (viacrucis).

Está todo enfuscado e con acabado pintado. A cuberta é campaniforme e coroada por pirindolo, o teito é plano. A varanda está feita con tubos metálicos. Actualmente está pintado con cores azul, gris e branco, a cuberta está pintada en cor vermella.
Obsérvase que tivo instalación eléctrica. O seu estado de conservación é regular.

Descoñécese se se usa.

Esta entrada foi publicada en A Coruña, Vedra, Vedra. Garda a ligazón permanente.