Luaña

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-xeral

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-contorna

palco-luan%cc%83a-2016-08-27-detalle

Luaña, Brión, A Coruña

Podio de pedra semicircular adosado ao peche do campo da festa, con pavimento de pedra e cun plátano plantado no centro -podada a súa copa en forma redondeada-. Accesos laterais mediante dous tramos circulares de escaleiras. Varandas metálicas de malla e tubos de aceiro.

Sen uso (Segundo os veciños as bandas traen hoxe os seus propios palcos, e non se usa)

Está situado no eixo central do campo da festa parroquial, de costas á escola infantil e mirando de frente á fachada da igrexa de san Xulián de Luaña.

Esta entrada foi publicada en A Coruña, Brión, Luaña e etiquetada . Garda a ligazón permanente.