Salcidos.

salcidos_2016_09_22_detalle-1 salcidos_2016_09_22_xeral-2 salcidos_2016_09_22_contorna-3

Salcidos (San Lourenzo), A Guarda, Pontevedra.

Palco rectangular con dúas esquinas achafranadas, acaroado ao santuario de San Roque, ocupando o espazo entre a nave principal e o corpo dereito.
Na contorna tamén existe un cruceiro, todo o conxunto ao carón da estrada de entrada á Guarda dende Tui.

O palco ten basamento macizo de cachotería de pedra rematada en cornixa moldurada, sobre a que nacen as varandas tamén de pedra, o seu nivel é continuo, del sobresae a plataforma en dous niveis. Ten acceso mediante escaleiras tamén de pedra.

Descoñécese se se usa.

Esta entrada foi publicada en A Guarda, Pontevedra, Salcidos. Garda a ligazón permanente.