Lanzós

Lanzós, Vilalba, Lugo

Palco hexagonal situado no barrio do Adro en Lanzós, no mesmo lugar que a Casa-Escola de Lanzós de construción habanera rematado en 1921.

Tanto a base como as escaleiras son enfuscadas. Os pés dereitos son de pedra e a cuberta remata en peto.

O palco péchase por tres dos lados traseiros e ten tres alturas.

Non ten pracas nin inscricións.

Ao lado ten un cruceiro. Atópase preto da igrexa de San Martiño de Lanzós e do cemiterio.

Esta entrada foi publicada en Lanzós, Lugo, Vilalba. Garda a ligazón permanente.