Palco de Bolaño


Bolaño, Castroverde, Lugo.

Palco octogonal situado na parroquia de Bolaño no concello lugués de Castroverde, na contorna da ponte pola que se chega ao núcleo.

Sitúase nunha encrucillada acaroado a un muro, dende o que se accede.

Ten base maciza de cachotería de pedra, con pés dereitos de forxa para o apoio da cuberta que é de pizarra con teito de madeira pintado en branco, ten unha decoración perimetral  a xeito de bandeirolas feita tamén con madeira
O pirindolo é de pedra. As defensas son de forxa.

Úsase nas festas por grupos de gaiteiros, segundo nos informa o colaborador.

Esta entrada foi publicada en Bolaño, Castroverde, Lugo e etiquetada . Garda a ligazón permanente.