Procedemento

ARQUIVO PALCOS DA MÚSICA

FOTOS:

– Foto xeral (frontal se está claro)
– Foto detalle
– Foto contorna (canto máis abrangue mellor)

– Foto de cousas importantes, detalles, curiosidades

INFORMACIÓN:

– Lugar (Provincia, Concello, Parroquia)
– Ano de construción, autor, donación, etc.
– Descrición do palco, da contorna e de detalles característicos.

– Se é posible preguntar se aínda se usa e cando.

– Máis adiante poderase facer a medición dalgúns palcos (por exemplo, os do concello de Salvaterra) Haberá que ver que medidas se toman.

NOMENCLATURA:

nome_parroquia_ano_mes_dia_xeral
nome_parroquia_ano_mes_dia_detalle
nome_parroquia_ano_mes_dia_entorno

Se hai máis de un palco nunha parroquia o nome levará unha indicación máis despois do nome da parroquia (centro, carballeira, igrexa, capela…)

ARQUIVO

– Carpeta co nome da provincia – Carpeta co nome do concello – Carpeta co nome da parroquia

Inclúense as tres fotos e un arquivo .txt coa descrición se a houbera. Se hai máis fotos de detalles, curiosidades, tamén se inclúen.

BLOG

– Unha anotación para cada palco onde se inclúan as fotos e a descrición. Uso de etiquetas para poder consultar os palcos por provincia, concello e parroquia.

FUNCIONAMENTO

En canto un teña tódolos datos dun palco enviarllo ao outro por correo electrónico.