Arquivo da categoría: A Coruña

Palco de Sorribas

Sorribas, Rois, A Coruña Palco octogonal de pedra situado a carón da rectoral de Sorribas. Atópase en moi mal estado. Ten unha escaleiras tamén de pedra nun dos seus lados, pegadas ao muro que ten detrás. Dende o palco arranca … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Rois, Sorribas | Etiquetado | Comentarios desactivados en Palco de Sorribas

Palco de San Ramón de Bealo

Bealo, Boiro, A Coruña. Palco hexagonal situado na parroquia de Bealo en Boiro, na contorna da capela de San Ramón. Sitúase na explanada frontal da capela no largo onde se celebra a romaría. Ten base maciza de pedra de sillar … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Bealo, Boiro | Comentarios desactivados en Palco de San Ramón de Bealo

Santa Cristina de Fecha

Santa Cristina de Fecha, Santiago de Compostela, A Coruña Palco octogonal de pedra situado no adro da capela da nosa señora de Belén, na parroquia de Santa Cristina de Fecha. Ten escaleira de pedra pegada ao muro e varanda tamén … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Santa Cristina de Fecha, Santiago de Compostela | Comentarios desactivados en Santa Cristina de Fecha

Luaña

Luaña, Brión, A Coruña Podio de pedra semicircular adosado ao peche do campo da festa, con pavimento de pedra e cun plátano plantado no centro -podada a súa copa en forma redondeada-. Accesos laterais mediante dous tramos circulares de escaleiras. … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Brión, Luaña | Etiquetado | Comentarios desactivados en Luaña

Recesende

Recesende (San Xoan), Teo, A Coruña. Palco octogonal situado na parroquia de San Xoan de Recesende en Teo. Situado en paralelo a unha estrada, rodeado por peches de parcelas, compartindo espazo cun cruceiro. Ten base de ladrillo enfuscada e pintada. … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Recesende, Teo | Comentarios desactivados en Recesende

Oza

Oza, A Coruña, A Coruña Palco circular de formigón situado na praza da Gaiteira na parroquia de Oza, A Coruña. A base está formada por unha escaleira circular de formigón. O teito é de formigón con forma cónica e soportado … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, A Coruña, Oza | Comentarios desactivados en Oza

Liáns

Liáns, Oleiros, A Coruña Palco octogonal de formigón situado na praza de Liáns en Santa Cruz de Oleiros. Ten varanda metálica igual que a varanda das escaleiras. O teito é de formigón e remata nun pirindolo metálico. Nos lados laterais … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Liáns, Oleiros | Comentarios desactivados en Liáns

Muros

Muros, Muros, A Coruña. Palco circular situado no largo Curro da Praza en Muros. A contorna está formada pola arquitectura tradicional do núcleo, e o porto da localidade, todo nun espazo ben ordeado que segundo unha inscrición foi remodelado no … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Muros, Muros | Comentarios desactivados en Muros

Oural

Oural, Boqueixón, A Coruña Construción de ladrillo enfuscado de planta octogonal composta por un zócalo con esquinas resaltadas e que prolongadas sobre a plataforma conforma unha varanda semimaciza. Dende un dos seus lados arranca a escaleira de acceso de catro … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Boqueixón, Oural | Etiquetado | Comentarios desactivados en Oural

Sergude

Sergude, Boqueixón, A Coruña Construción de formigón armado sen pintar, de planta octogonal, composta por un zócalo (utilizado como trasteiro) e oito piares circulares que sosteñen unha cuberta piramidal con pináculo liso de remate. Acceso directo dende o chan aproveitando … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Boqueixón, Sergude | Etiquetado | Comentarios desactivados en Sergude

Vedra

Vedra, Vedra, A Coruña. Palco octogonal de grandes dimensións, situado na parroquia de Santa Eulalia de Vedra no propio concello do mesmo nome. Situado nun amplo campo de festas remozado no ano 1999 ao carón da igrexa parroquial, un cruceiro, … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Vedra, Vedra | Comentarios desactivados en Vedra

Laraño

Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña. Palco cadrado oitavado situado no campo de festas da parroquia santiaguesa de Laraño. A contorna está formada pola igrexa, varias vivendas de arquitectura tradicional e un cruceiro, todo nun espazo ben ordeado que segundo unha … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Laraño, Santiago de Compostela | Comentarios desactivados en Laraño

Os Ánxeles

Os Ánxeles, Brión, A Coruña Palco de música de planta pentagonal irregular; fronte con dous piares, varanda e gardamalletas de fundición, todo pintado de cor azul; cuarto traseiro de pedra a xeito de camerino con acceso directo dende o escenario; … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Brión, Os Ánxeles | Etiquetado | Comentarios desactivados en Os Ánxeles

Herbón

Herbón, Padrón, A Coruña Palco cadrado de pedra situado na Carballeira de Santo Antonio de Herbón. Accédese a el pola parte de atrás onde o chan está ao nivel do palco. Ten unha varanda metálica formada por un só tubo … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Herbón, Padrón | Etiquetado | Comentarios desactivados en Herbón

Reis, Teo.

Reis (San Cristovo), Teo, A Coruña. Palco octogonal situado na parroquia de San Cristovo de Reis en Teo. Ocupa unha situación elevada dunha carballeira alongada. Ten base enfuscada e pintada. A estrutura da cuberta campaniforme é de pés de formigón e … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Reis, Teo | Comentarios desactivados en Reis, Teo.

San Xián de Sales

San Xián de Sales, Vedra, A Coruña. Palco octogonal situado na parroquia de San Xián de Sales en Vedra. Situado nun lateral do campo da festa enmarcado entre dous falsos plátanos. Na súa contorna están a igrexa parroquial con cruceiro, … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, San Xián de Sales, Vedra | Comentarios desactivados en San Xián de Sales

Sarandón

Sarandón (San Miguel de), Vedra, A Coruña. Palco octogonal situado na parroquia de San Miguel de Sarandón en Vedra. Situado na contorna da igrexa da parroquia, nun lateral do campo da festa ocupando unha posición elevada respecto do mesmo, construído … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Sarandón, Vedra | Comentarios desactivados en Sarandón

Ribeira

Ribeira, Ribeira, A Coruña Palco octogonal situado entre a Avenida do Malecón e a Avenida Romero Ortiz. Ten o teito de madeira e dobre escaleira de pedra. Debaixo do palco atópase o local da Asociación da Real e Ilustre Cofradía … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Ribeira, Ribeira | Comentarios desactivados en Ribeira

Noia

Noia, Noia, A Coruña Palco octogonal con teito de madeira e varandas e columnas de ferro, situado na Alameda de Noia, ao carón da rúa Rosalía de Castro. Ten dobre escaleira de pedra, e unha praca onde se di: “O … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Noia, Noia | Etiquetado | Comentarios desactivados en Noia

Alameda de Santiago de Compostela

  Alameda, Santiago de Compostela, A Coruña. Palco octogonal situado na alameda de Santiago de Compostela. O seu estado de conservación é moi bo. Presenta unha gran riqueza ornamental nos seus elementos de forxa. O entorno é tamén moi bo. … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Santiago de Compostela, Santiago de Compostela | Comentarios desactivados en Alameda de Santiago de Compostela

San Paio de Sabugueira

San Paio de Sabugueira, Santiago de Compostela, A Coruña Palco de planta dodecagonal que remata na súa parte dianteira de maneira redondeada a través dunhas escaleiras. Situado no lugar de Lavacolla na parroquia de San Paio de Sabugueira. Atópase na … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, San Paio de Sabugueira, Santiago de Compostela | Comentarios desactivados en San Paio de Sabugueira

Santa María da Peregrina

Santa María da Peregrina, Santiago de Compostela, A Coruña Palco octogonal, sen teito, situado na carballeira ao lado da igrexa de Santa María da Peregrina, en Santiago de Compostela. Nun dos laterais aparece gravado na pedra a data “1928”, ano … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Santa María da Peregrina, Santiago de Compostela | Comentarios desactivados en Santa María da Peregrina

Ares

Ares, Ares, A Coruña Palco octogonal situado na praza da Constitución en Ares. Construído no ano 1918 foi remodelado no ano 1951. Agora atópase pintado todo de branco pero antes tiña outras cores. Esta foto é do ano 1985, onde … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Ares, Ares | Comentarios desactivados en Ares

Pontedeume

Pontedeume, Pontedeume, A Coruña Palco octogonal situado na alameda de Pontedeume. Ten o teito de cristal soportado por unha estrutura metálica. Ten dobre escaleira nun dos laterais. Non ten praca identificativa. Úsase de cando en vez. ___________ En flickr.

Publicado en A Coruña, Pontedeume, Pontedeume | Comentarios desactivados en Pontedeume

Brión

San Fiz de Brión, Brión, A Coruña Palco rectangular situado na carballeira de Santa Nimia, en Pedrouzos, Brión. Ten unhas escaleiras a cada lado do palco. O teito é de cristal soportado con estrutura metálica. As partes metálicas son de … Sigue lendo

Publicado en A Coruña, Brión, Brión | 1 comentario