Merlán

MERLAN_2016_07_04_XERAL

MERLAN_2016_07_04_CONTORNA

MERLAN_2016_07_04_DETALLE

Merlán, Chantada, Lugo

Construción de planta octogonal composta por un zócalo de pedra con entrepanos rectangulares e cornisa de remate; dende un dos seus lados arranca a escaleira frontal de acceso cun único tramo; plataforma superior protexida con varanda metálica.

Descoñécese se segue en uso.

Está situado ao carón da capela de San Cibrao e da vella escola, no campo da festa rodeado de castiñeiros centenarios.

Publicado en Chantada, Lugo, Merlán | Etiquetado | Comentarios desactivados en Merlán

Donramiro

Donramiro_2016_06_30_xeral3

Donramiro_2016_06_30_detalle6

Donramiro_2016_06_30_entorno2

Donramiro, Lalín, Pontevedra

Palco de pedra hexagonal situado a carón da capela do Monserrat, en Donramiro.

Ten unha placa na que se le: “Na memoria do TÍO BENITO. Donramiro 15-9-2013”

Non ten teito. A varanda metálica é moi sinxela e ten un oco a modo de porta xusto enriba da porta metálica para acceder á parte inferior do palco.

Publicado en Donramiro, Lalín, Pontevedra | Etiquetado | Comentarios desactivados en Donramiro

Escuadro

Escuadro_2016_06_30_xeral3

Escuadro_2016_06_30_detalle3

Escuadro_2016_06_30_entorno

Escuadro, Silleda, Pontevedra

Palco de pedra octogonal situado a carón da igrexa de San Salvador de Escuadro.

Ten unha pequena escaleira de dous chanzos de pedra xusto nunha pequena porta da varanda polo que se accede ao palco.

Ten varanda metálica e teito de pizarra.

Non ten placas nin inscricións.

Publicado en Escuadro, Pontevedra, Silleda | Etiquetado | Comentarios desactivados en Escuadro

Os Remedios, Mondoñedo

Os Remedios_16_06_12_contorna 2 Os Remedios_16_06_12_detalle 4 Os Remedios_16_06_12_xeral 3

Os Remedios, Mondoñedo.

Palco octogonal situado no longo arborado ao carón da igrexa dos Remedios, na parroquia do mesmo nome, no concello de Mondoñedo.

O seu estado de conservación é regular, presenta oxidación do material de cuberta e bótase en falta o lambrequín que sabemos que posuía vendo fotos do palco existentes na rede.
Ten basamento de pedra, escaleira dobre paralela do mesmo material.
Ten estrutura e varandas de fundición.
A cuberta campaniforme remátase con pirindolo con forma de lira. Polo interior ten teito plano de madeira.
Ten iluminación conformada por unha lámpada central e oito nas metades de cada lado
Descoñécese se se usa.

Publicado en Lugo, Mondoñedo, Os Remedios | Etiquetado | Comentarios desactivados en Os Remedios, Mondoñedo

Esporiz (San Miguel)

Esporiz_2016_06_06_contorna 1 Esporiz_2016_06_06_detalle 2 Esporiz_2016_06_06_xeral 2

Esporiz, Monterroso, Lugo.

Palco octogonal situado na Praza do Alcalde da localidade luguesa de Monterroso.

Componse dun basamento de pedra, con escaleira do mesmo material.
Pés dereitos e estrutura de cuberta metálicas. As varandas son de forxa, no centro de
cada tramo hai un detalle de tres follas de carballo.
A cuberta é de chapa metálica, polo interior ten un teito de madeira, só parcialmente.
Ten un punto de iluminación central.

O seu estado de conservación é bo.

Descoñécese se se usa.

Publicado en Esporiz, Lugo, Monterroso | Etiquetado | Comentarios desactivados en Esporiz (San Miguel)

Os Ánxeles

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 XERAL

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 CONTORNO

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 DETALLE

PALCO OS ANXELES 2016 05 16 DETALLE2

Os Ánxeles, Brión, A Coruña

Palco de música de planta pentagonal irregular; fronte con dous piares, varanda e gardamalletas de fundición, todo pintado de cor azul; cuarto traseiro de pedra a xeito de camerino con acceso directo dende o escenario; e cuberta a cinco augas con tella curva. Todo elevado sobre un murete de pedra e con accesos laterais por medio de dúas escalinatas de pedra.

Palco aberto únicamente na súa fronte ao campo da festa dos Ánxeles, adosado ao muro de cerre da alameda e lindando tamén co adro da igrexa parroquial. Actualmente mantense en uso.

Publicado en A Coruña, Brión, Os Ánxeles | Etiquetado | Comentarios desactivados en Os Ánxeles

Vilanova dos Infantes

Vilanova dos Infantes_2016_05_27_xeral4

Vilanova dos Infantes_2016_05_27_detalle4

Vilanova dos Infantes_2016_05_27_entorno5

Vilanova dos Infantes, Celanova, Ourense

Palco con base octogonal de pedra, columnas e varanda de formigón pintado en cor branca con adornos en forma de lira en cor granate. Ten o teito de madeira revestido con tella do país.

Atópase situado nunha alameda a carón da estrada nacional 525 que o separa do templo da Virxe do Cristal e aos pes da vila medieval de Vilanova dos Infantes.

Carece de acceso fixo polo que se supón que se accede a el pola porta de forxa situado nun dos laterais por medio duna escaleira desmontable.

Tamén obsevamos una porta situada na base do mesmo do que se descoñece o seu uso.

Non atopamos pracas nin inscripcións e descoñecese se ten uso na actualidade.

Publicado en Celanova, Ourense, Vilanova dos Infantes | Etiquetado | Comentarios desactivados en Vilanova dos Infantes

Soutomaior

Soutomaior_2016-05-26_xeral3

Soutomaior_2016-05-26_detalle

Soutomaior_2016-05-26_entorno2

Soutomaior, Taboadela, Ourense

Palco de pedra con base rectangular e varanda metálica situado a carón da igrexa de Soutomaior.

Na sua contorna tamén se atopa un cruceiro e un eucalipto chamativo debido ao seu gran tamaño.

Carece de pracas ou inscripcións, e atópase situado no lateral do torreiro de Soutomaior.

Descoñécese se ten uso.

Publicado en Ourense, Soutomaior, Taboadela | Etiquetado | Comentarios desactivados en Soutomaior

Vilar de Flores

Vilar de flores_dereita_2016_05_25_xeral3

Vilar de flores_esquerda_2016_05_25_xeral3

Vilar de flores_esquerda_2016_05_25_detalle

Vilar de flores_conxunto_2016_05_25_entorno

Vilar de flores_esquerda_2016_05_25_xeral3

Vilar de flores_conxunto_2016_05_25_entorno3

Os Espiñeiros, Allariz, Ourense

No adro do santuario da Nosa Señora de Vilar de Flores hai dous palcos iguais con base octogonal de pedra con varanda metálica. Están integrados no muro no que están apoiados, que tamén serve de asento.

A varanda ten unha porta da mesma forma e material.

Teñen unha escaleira de pedra de tres chanzos.

Os palcos sobresaen do muro onde están apoiados.

No palco situado á esquerda da entrada principal do santuario atópase unha data gravada na pedra (ANO 1915).

Antigamente cada 15 de agosto, e con motivo das festas patronais, tocaban duas bandas de música.

Descoñecese se se usa.

Publicado en Allariz, Os Espiñeiros, Ourense | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Vilar de Flores

Corvillón

Corbillón_2016_05_24_Xeral

Corbillón_2016_05_24_Detalle

Corbillón_2016_05_24_Entorno2

Corvillón, A Merca, Ourense.

Palco de planta octogonal de pedra con varanda do mesmo material coa base situada a carón da estrada.

Pegado a un dos seus laterais situase un banco tamén de pedra.

Perto do palco atópase un cruceiro e ambos elementos completan o conxunto que se atopa perto da igrexa de Sta María de Corvillón.

Accédese ao mesmo a través de tres escalóns de pedra situados ao nivel da beirarrúa.

Non ten placas nen inscricións.

Descoñécese se se usa.

Publicado en A Merca, Corvillón, Ourense | Etiquetado | Comentarios desactivados en Corvillón

Herbón

Herbón_2016_05_22_xeral4

Herbón_2016_05_22_xeral2

Herbón_2016_05_22_entorno2

Herbón, Padrón, A Coruña

Palco cadrado de pedra situado na Carballeira de Santo Antonio de Herbón.

Accédese a el pola parte de atrás onde o chan está ao nivel do palco. Ten unha varanda metálica formada por un só tubo que vai entre as columnas de pedra.

Atópase preto do convento (e albergue de peregrinos) de Santo Antonio de Herbón.

Non ten teito. Non ten inscricións nin placas.

Publicado en A Coruña, Herbón, Padrón | Etiquetado | Comentarios desactivados en Herbón

Moaña

Moaña_2016_05_17_detalle 3 Moaña_2016_05_17_contorna 1

Moaña, Moaña, Pontevedra.

Palco de base circular situado na Praza do mar da vila do Morrazo, faille de fondo a ría de Vigo.

A base está forrada de pedra, os pés e a estrutura da cuberta son de madeira. As varandas son de aceiro inoxidable.
Ten rampla de acceso, na parede que a bordea hai colocada unha lira. Na fronte da base hai un escudo de pedra co nome do concello.

Úsase.

Publicado en Moaña, Moaña, Pontevedra | Etiquetado | Comentarios desactivados en Moaña

Viveiro

Viveiro_2016_04_21_xeral3

Viveiro_2016_04_21_detalle4

Viveiro_2016_04_21_entorno

Viveiro, Viveiro, Lugo

Palco octogonal de pedra localizado na travesía da Mariña, de Viveiro.

Ten teito de madeira con instalación eléctrica

Ten unha dobre escaleira tamén de pedra coa mesma varanda de forxa que a do palco.

Ten unha porta para o acceso ao seu interior.

Na praca pode lerse: “Ministerio de medio ambiente. Dirección general de costas. Fachada marítima de Viveiro. Viveiro 2007”

Publicado en Lugo, Viveiro, Viveiro | Etiquetado | Comentarios desactivados en Viveiro

Goián, Tomiño.

Goián_2016_03_27_contorna 1 Goián_2016_03_27_xeral 3

Goián (San Cristovo), Tomiño, Pontevedra.

Palco octogonal situado na parroquia de San Cristovo de Goián en Tomiño.

Situado na contorna da capela de San Moure e San Roque ao carón do vial que baixa cara o embarcadeiro e o forte de San Lourenzo, baixo unhas sobreiras de gran porte.

Ten base de pedra e cuberta con estrutura de formigón apoiada sobre piares do mesmo material. A “varanda” consiste nuns tubos dispostos á altura do pasamáns. Ten escaleira de pedra.

Descoñécese se se usa.

Publicado en Goián, Pontevedra, Tomiño | Etiquetado | Comentarios desactivados en Goián, Tomiño.

Ribela, A Estrada

Ribela_2016_03_27_xeral Ribela_2016_03_27_contorna 1 Ribela_2016_03_27_contorna 3

Ribela, A Estrada, Pontevedra.

Palco rectangular acaroado a outras construcións, coas dúas esquinas da fronte achafranadas, situado na parroquia de Santa Mariña de Ribela na Estrada.
Sitúase apoiado en edificacións complementarias da casa rectoral e do importante conxunto eclesiástico. Na contorna hai cruceiro, pombal da mencionada casa rectoral e igrexa con portada neoclásica.
A base é de fábrica de pedra mamposta. A cuberta semipiramidal de forxado ladrilleiro, á vista pola súa cara interior, semella un engadido que se apoia sobre piares de fibrocemento. As varandas son metálicas.
Ten dobre altura na escea.

Descoñécese se se usa.

Publicado en Estrada (A), Pontevedra, Ribela | Comentarios desactivados en Ribela, A Estrada

Reis, Teo.

Reis_2016_03_26_contorna 1 Reis_2016_03_26_detalle Reis_2016_03_26_xeral 1

Reis (San Cristovo), Teo, A Coruña.

Palco octogonal situado na parroquia de San Cristovo de Reis en Teo.

Ocupa unha situación elevada dunha carballeira alongada.
Ten base enfuscada e pintada. A estrutura da cuberta campaniforme é de pés de formigón e cubrición do mesmo material, rematada por un pirindolo enfuscado e pintado. Os pés únense con trabe de coroación decorativa. As cores usadas no palco son o branco, o azul celeste e a escea de granate.

Descoñécese se se usa.

Publicado en A Coruña, Reis, Teo | Comentarios desactivados en Reis, Teo.

Borreiros

Borreiros_2016_03_16_xeral

Borreiros_2016_03_16_detalle4

Borreiros_2016_03_16_entorno3

Borreiros, Gondomar, Pontevedra

Palco octogonal de pedra localizado na parroquia de Borreiros. Atópase no torreiro que se atopa a carón da capela da Xunqueira.

A modo de soporte do teito ten unha estrutura metálica que sae de cada esquina do palco.

A plataforma é de formigón e sobresae da base de pedra.

Non ten inscricións nin placas.

No mesmo lugar existe outro palco dos rectangulares de dúas alturas.

Publicado en Borreiros, Gondomar, Pontevedra | Comentarios desactivados en Borreiros

Praza Maior, Lugo.

Lugo 2_2016_03_15_contorna 1 Lugo 2_2016_03_15_detalle 5 Lugo 2_2016_03_15_xeral 1

Praza Maior, Lugo.

Palco octogonal situado na parte baixa da Praza Maior da cidade de Lugo.

Componse dun basamento de pedra, pés dereitos de fundición que rematan en ménsula cara o aleiro e que se unen con trabe de coroación ornamentada.
A cuberta campaniforme ou de influencia francesa amansardada, cúbrese con cinc,
ten teito de madeira pintado en branco polo interior con zonas planas
e zonas inclinadas, do que colgan de xeito perimetral as lámpadas para a iluminación.
Ten unha escaleira de dobre tramo para o acceso, respiradeiros laterais do espazo inferior
da base e unha porta de acceso a este camuflado coa cantería.

O seu estado de conservación é bo.

Descoñécese se se usa.

Publicado en Lugo, Lugo, Lugo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Praza Maior, Lugo.

Parque de Rosalía de Castro. Lugo.

Lugo_2016_03_15_contorna 2 Lugo_2016_03_15_detalle 1 Lugo_2016_03_15_xeral 1

Lugo, Lugo, Parque de Rosalía de Castro.

Palco de base circular situado no Parque Rosalía de Castro da cidade de Lugo, no barrio de Recatelo. Ocupa dentro do parque un espazo propio, centrado no mesmo e rodeado de paseos e arborado.

Composto dun basamento que se presenta enfuscado en diversos tratamentos e pintado. Sobresaen oito contrafortes dos que nacen na altura da varanda outros tantos pés para o arranque das columnas de fundición que soportan a cuberta que si ten base octogonal. A cuberta atópase a medio camiño entre ser piramidal ou pola pendente variable case unha pagoda, con cubrición de pizarra e tella nas limas. A varanda é de fundición, así coma a trabe de coroación decorada. Destacan o teito de madeira e a iluminación, central e perimetral.

O seu estado de conservación é bo.

Descoñécese se se usa.

Publicado en Lugo, Lugo, Lugo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Parque de Rosalía de Castro. Lugo.

Astureses

Astureses_2016_02_21_Xeral2

Astureses_2016_02_21_Detalle

Astureses_2016_02_21_Entorno3

Astureses, Boborás, Ourense

Palco hexagonal de pedra situado na carballeira que se atopa a carón da ermida da Saleta.

Ten unha escaleira de chapa metálica con varanda completamente integrada coa varanda do palco.

Ten unha porta metálica para acceder á parte baixa.

Non ten teito. Non ten placas nin inscricións.

Publicado en Astureses, Boborás, Ourense | Comentarios desactivados en Astureses

Carballiño

Carballiño_2016_02_21_Xeral

Carballiño_2016_02_21_Detalle2

Carballiño_2016_02_21_Entorno2

Carballiño, Carballiño, Ourense

Palco octogonal de pedra situado no parque municipal do Carballiño, ao lado do río Arenteiro.

Ten dúas escaleiras para acceder ao palco tamén de pedra sen varandas.

Atópase entre dúas alturas e na parte alta hai unha pista de formigón.

Ten o teito de madeira e non posúe placas nin iscricións.

Nun dos laterais ten unha porta metálica para acceder ao interior, e noutro lateral ten dúas.

Publicado en Carballiño, Carballiño, Ourense | Comentarios desactivados en Carballiño

Oseira

Oseira_2016_02_21_Xeral

Oseira_2016_02_21_Detalle4

Oseira_2016_02_21_Entorno

Oseira, Cea, Ourense

Palco octogonal de pedra situado no campo parroquial do Casledo, en Oseira.

As columnas de forxa soportan o teito de madeira con tellado de tella. Ten instalación eléctrica.

As escaleiras están nun lateral e introdúcense cara dentro do palco.

Ten respiradoiros tanto nos laterais como no chan do palco.

No lateral oposto ás escaleiras ten unha porta metálica para o acceso á parte de abaixo do palco.

Ao carón do campo parroquial pasa o rio Oseira. No mesmo lugar hai un cruceiro.

Non ten placas nin inscricións, aínda que na entrada do campo parroquial pode lerse:

“Os veciños da parroquia de Oseira a tódolos organismos e persoas que posibilitaron a remodelación do campo. Oseira, 21 xuño 1992”
“Campo parroquial do Casledo. Concello de Cea, Oseira. 1992”

Publicado en Cea, Oseira, Ourense | Comentarios desactivados en Oseira

Dozón

Dozón2_2016_02_21_xeral

Dozón2_2016_02_21_detalle

Dozón2_2016_02_21_entorno3

Dozón, Dozón, Pontevedra

Palco octogonal de formigón con teito circular de madeira e tellado de pizarra en forma de cono.

Nun dos laterais ten unha escaleira simple.

As columnas son de forxa.

Atópase xusto ao lado do Camiño de Santiago.

Non ten placas nin inscricións.

Publicado en Dozón, Dozón, Pontevedra | Comentarios desactivados en Dozón

Dozón

Dozón_2016_02_21_xeral

Dozón_2016_02_21_detalle

Dozón_2016_02_21_entorno2

Dozón, Dozón, Pontevedra

Palco hexagonal de formigón con teito circular.

Ten unha dobre escaleira tamén de formigón, baixo a que hai unha porta metálica para o acceso da parte inferior. En cada lateral e no chan do palco hai respiradoiros.

O teito está soportado por unha estrutura metálica sen nada máis. Ten instalación eléctrica.

Non ten placas nin inscricións. Ten un catavento coa figura dun peregrino no curuto do teito piramidal.

Ao lado hai un albergue e un parque infantil.

Publicado en Dozón, Dozón, Pontevedra | Comentarios desactivados en Dozón

Lalín

Lalín_2016_02_21_xeral2

Lalín_2016_02_21_detalle

Lalín_2016_02_21_entorno4

Lalín, Lalín, Pontevedra

Palco hexagonal de pedra situado ao carón da igrexa de Santa María das Dores.

A estrutura das varandas columnas e o tellado é toda da mesma cor verde. As varandas non chegan a tocar ás columnas.

Ten teito de madeira e contén instalación eléctrica. En cada esquina do teito sobresae unha figura da cabeza dun animal. Ten porta metálica para acceder á parte baixa. No curuto ten un catavento.

Nun dos laterais hai unhas escaleiras de pedra sen varanda.

Ten dúas placas nas que se di:

“Ao músico Luis Areán Taboada loitador da nosa cultura, amigo e militante da alegría. os mariñeiros no mare arman vela e arman vela… e eu tamén a vou armar. O pobo de Lalín 25-XI-2000”

“O pobo de Lalín, aos seus músicos, que tanto contribuíron ao longo dos anos á difusión da cultura deste concello. Lalín 30 de xaneiro de 2016”

O palco atópase nunha especie de praza que a rodea unha pequena grada con tres chanzos.

Ao lado hai un parque infantil.

Úsase nos días de festa.

Publicado en Lalín, Lalín, Pontevedra | Comentarios desactivados en Lalín